Saturday 20 de April de 2024

Trenor traslada á alcaldesa de Muros o seu compromiso para estudicar a posibilidade incluir o concello nas áreas Rexurbe


O delegado territorial da Coruña na Xunta, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o Concello de Muros e mantivo un encontro de traballo coa súa alcaldesa, Josefina Monteagudo. Na reunión repasaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta no municipio e as necesidades derivadas do Covid-19 nos distintos servizos públicos do concello. Ademais, interesouse polas suxerencias achegadas polo rexedor.
Un dos temas que centrou o encontro foi o interese da alcaldesa por incluír este concello dentro das áreas Rexurbe. A través desta nova figura o que se pretende é realizar actuacións de rehabilitación e mellora de edificacións na trama máis urbana do municipio, que incidirán sobre a situación económica e social dos ámbitos no que se actúe.
Trenor explicou que unha vez solicitada e realizada a declaración de Muros dentro do listado de concellos con área Rexurbe, o concello deberá redactar un plan de dinamización da mesma, na que se indiquen as medidas a adoptar e actuacións que se deben levar a cabo, o custe estimado das mesmas e as fontes de financiamento, público e privado, para levalas a cabo. No caso da Xunta de Galicia, o financiamento procederá de diversos departamentos, xa que as actuacións nunha área Rexurbe son transversais e afectan a competencias de diversos departamentos.
Trenor comprometeuse coa alcaldesa a colaborar directamente para acadar este obxectivo e lembroulle o funcionamento destas áreas que en 2020 cumpriu a súa terceira convocatoria.